xoves, 29 de outubro de 2015


O MUNDO MÁXICO DAS TATUAXES.


“ Non se pode nomear nen un só grande país, dende as rexións polares do norte ata Nova Zelanda no sur, no que os aboríxenes non se fixeran tatuaxes.”                                                 ( Charles Darwin )

A tatuaxe é unha modificación da cor da pel no que se crea un debuxo, unha figura ou un texto e plásmase con agullas ou outros utensilios que inxectan tinta ou algún outro pigmento baixo a epidermis dunha persoa.
Está considerada unha peza clave da historia da humanidade. Dentro dos estudos antropolóxicos a tatuaxe serviu como elo para determinar certos trazos sociais e culturais de civilizacións antigas.

CAL  É  A ORIXE DAS TATUAXES ?

A orixe das tatuaxes non se coñece con exactitude. Sábese que esta arte era coñecida por numerosas culturas ao redor do mundo mais a súa  práctica era diferente segundo as culturas. Dende a Prehistoria ata os nosos días a modificación e a ornamentación corporal estivo presente na poboación mundial.





A historia desta arte remóntase á Idade de Pedra co descubrimento, o 19 de setembro de 1991 nun glaciar situado na fronteira entre Austria e Italia, dun cazador da era Neolítica :“O home do xeo” (5.300 anos) , que tiña as costas e os xeonllos tatuados.
Anterior a este descubrimento, o rexistro da persoa tatuada máis antiga descuberta en 1981 era a sacerdotisa exipcia Amunet  cuxas tatuaxes son dun estilo moi similar aos da momia do cazador: lineais e xeométricos.







En Exipto atopáronse escritos, restos físicos e obras de arte relacionadas coas tatuaxes. A arte da tatuaxe era feminino e o realizaban persoas que estaban involucradas coa práctica de rituais. O feito de ter unha tatuaxe implicaba a mostra de valentía ou madurez. Os exipcios foron os encargados de difundir esta práctica ao redor do mundo, chegando ata o sureste asiático.







Sábese que en Exipto, lugar do que proveñen os pigmentos de henna (que se converterían tamén nun fenómeno no sur da India), as mulleres eran tatuadas para representar o seu estatus social e tamén se utilizaba para marcar e tatuar moitas momias.
En Xapón a evidencia máis antiga das tatuaxes vén dende o ano 3.000 a.C. Foron descubertas unhas figuras de barro que representaban caras e debuxos de tatuaxes. Estas figuras acompañaban aos mortos na viaxe ao descoñecido por isto existe a crenza de que nesta rexión as tatuaxes tiñan un significado máxico e relixioso.
Posteriormente no ano 297 a.C.  se atopou unha evidencia escrita nun libro Chinés onde se dicía que outro interese dos xaponeses era usar as tatuaxes como atributos decorativos.




Os que tatuaban eran os Hori (artistas xaponeses de tatuaxes), que eran considerados os mestres no  uso das cores, a perspectiva e a imaxinación.



                                                                                                                                


Os antigos poboadores da Polinesia foron os primeiros en gravar motivos na pel. Os homes tatuábanse ata tal punto que non quedaba un anaco de pel sen decorar no seu corpo. É esta rexión do mundo a que ten a reputación da tatuaxe máis artística no mundo antigo, caracterizado por figuras xeométricas.




De feito o termo tatuaxe ten unha orixe polinesia, máis concretamente na palabra “TA”, que significa golpear, ou na expresión “TAU-TAU” utilizada para falar do choque entre dous ósos.
Outro exemplo de tatuaxe na antigüidade é o estilo Moko Maorí de Nova Zelanda, unha tatuaxe tribal que identificaba a cada individuo e o seu estatus dentro dun grupo. Facía á persoa única e inconfundible. Canto máis complicado era o deseño da tatuaxe maior era o ascenso no seu rango social. Tatuábanse da cabeza aos pés. Comezaban aos 8 anos e era un proceso lento e doloroso.




As tatuaxes embelecían e renovábanse durante toda a vida. Nas súas espirais tatuadas pensaban os maoríes que podían atrapar a enerxía cósmica. É por tal motivo que si un defunto non tiña tatuaxes protectoras, tíñase a crenza que unha feiticeira comería os seus globos oculares, deixando a alma cega sen achar o camiño á inmortalidade.





Nas Illas Marquesas un corpo sen tatuar era un corpo estúpido. Para eles a tatuaxe tiña un significado sexual: as mulleres tatuábanse os dedos das mans e as orellas con finísimos debuxos e sobre a vulva símbolos obscenos; os homes tatuábanse todo o corpo, o nariz, as pálpebras, a lingua e o coiro cabeludo. Asemade contaba cun significado máxico e relixioso, porque para eles a pel tatuada era unha armadura de protección física e espiritual.
Tamén o pobo azteca tatuaba especialmente aos nenos para render tributo a deuses como Quauhtli.
Ao mesmo tempo as culturas celta e xermánica utilizaban a arte da tatuaxe con fins bélicos.

CAL FOI A APORTACIÓN DOS CELTAS Á ARTE DA TATUAXE?                                                                                                          
Todas as culturas contan con símbolos que representan a súa orixe e destino, así como os seus valores e crenzas para a súa transformación.








Esta serie de símbolos constitúen a súa xeometría sagrada. Teñen como calidades neutralizar a escuridade e xerar enerxía que promova o ambiente propicio para librar a batalla e purificar a alma.
Os celtas, protagonistas da era do manexo dos metais, aportaron ao mundo os máis belos deseños feitos a base de espirais que representan a esencia da vida. Decoraron con estas magníficas formas: pedras sagradas, escudos, espadas, xoiería e utensilios domésticos, así como os seus corpos.
Estes deseños foron repetidos por grandes artistas en épocas posteriores, cautivados pola elegancia das súas formas e a maxia que emiten ao evocar un vínculo inquebrantable con todas as forzas da natureza.




Na actualidade son moitas as persoas que se achegan ao mundo da tatuaxe. A razón máis poderosa é de orixe social. Considérase que os levan as tribus urbanas máis hipster e polo tanto está de moda tatuarse.
Hai estilos moi diferentes nesta arte da tatuaxe. Uns artistas decántanse polo policromatismo e outros, pola contra, dan máis importancia á imaxe, á simboloxía e á cretividade.
Como símbolos máis empregados hoxe en día polos tatuadores destacan, entre outros, os relacionados co mundo celta.



SIMBOLOXÍA CELTA  DAS  TATUAXES.




Trisquel.




Símbolo celta por excelencia. Para os celtas o número tres era o seu número máxico. Este amuleto relaciónase co ciclo solar, o principio e o fin e o apredizaxe perpetuo. Na cultura celta, os druídas eran os únicos que podían portar este obxecto como símbolo da divinidad. Como talismán era usado para curar febres e aliviar feridas. Non hai que confundilo coa Triqueta, símbolo tamén celta que simboliza o poder de tres.

Espiral celta.




A espiral posúe un sinfín de explicacións e significados. No caso dos pobos celtas a espiral representa á vida eterna xa que é algo que non posúe nin comezo nin final se non que cambia e evoluciona permanentemente.  É un dos símbolos máis relevantes da súa cultura.

Triketa.




Este símbolo obtivo o significado da Santa Trinidad cando foi alcanzado polo cristianismo. En realidade é un símbolo da relixión wicana, símbolo pagano que significa os tres diferentes aspectos da Deusa.
Doutra banda, tomando en conta que o símbolos celtas están estreitamente ligados á natureza, atribúenselle dous significados triplos: “corpo, mente e alma”, “ceo, mar e terra”.



O Crann Bethadh ou Árbore da vida.




É un dos símbolos celtas máis populares. Representa o mundo espiritual. Tamén é representación de benestar e integridade dos poboados celtas que daban grande importancia á natureza por ser a que os provía de todo aquilo que necesitaban.
 As polas da árbore alcanzaban o ceo e as súas raíces afundíanse no máis profundo da terra, chegando ao mundo dos mortos. Moitos rituais realizábanse baixo esa árbore. Por máis que un pobo celta estivera en guerra con outro, xamais lastimaría á árbore da vida do pobo inimigo; esa era unha ofensa que non se perdoaría xamais.



Claddagh.


Exprésase mediante unha coroa, símbolo de lealtade. O corazón simboliza o amor e as mans que sosteñen ese corazón, son símbolo de amizade. Conta a lenda que este símbolo era moi utilizado polos namorados celtas en aneis de compromiso.
 Aínda hoxe en Irlanda, un dos territorios europeos onde viviron os celtas, mantense esta tradición. Unha vez que os noivos convértense en esposos, o anel ponse na man esquerda e co corazón apuntando cara á persoa que porta o anel.



Awen.


Significa na lingua gaélica: inspiración. Representa a harmonía que se xera entre opostos. A imaxe mostra nun extremo ao home, no outro, á muller, e unha liña media que é o símbolo da harmonía entre eles.


Elven.

É tamén coñecida como a estrela das fadas. É o símbolo dos sete metais da alquimia, dos sete planetas e dos días da semana.



O nó celta.





Representa o nó do amor que é para sempre, que non pode desatarse. Os amantes intercambiaban este símbolo para pechar unha unión eterna. A súa imaxe representa a unión e o apoio que debe haber entre a parella. É un símbolo moi fermoso.



Cruz solar.



Crese que este é o símbolo máis antigo do mundo, no que a espiritualidade se refire. Representa o calendario solar a través dunha cruz dentro dun círculo.


Wuivre.



Represéntase mediante dúas serpes entrelazadas que simbolizan a forza da terra. A crenza di que aquel que leve o símbolo terá amor e poder, iso si, non debe ser tocado nunca polo auga do mar.


A TATUAXE: UN ESTILO DE VIDA, UNHA ARTE.


Grande parte do avance do mundo é a tolerancia que se debe ter ao aprender a aceptar e admirar esta arte. Para os tatuadores o tema da tatuaxe deixou de ser ¨Tabú¨. Antigamenta existía a crenza de que as persoas que se tatuaban eran xente marxinal ou ben estivera no cárcere. Para os artistas da pel resulta incómodo comprobar que aínda hoxe en día haxa persoas que pensan deste xeito. Eles afirman que tatuar é un traballo, un estilo de vida, unha arte.
A tatuaxe é algo para mostrar e admirar sendo case un complemento máis do vestir, reemplazando dalgún xeito algunha peza de roupa ou completando a aparencia da persoa. Converteuse en parte da vida cotiá, algo máis alá da moda pois para a maioría pas persoas non é simplemente un capricho momentáneo senón algo importante co o que convivirá o resto da súa vida.

domingo, 11 de outubro de 2015

  
Presentación Samaín Final (Historia de Galicia- Outubro 2015) from AnxelaVazquezDopico98


*Aquí vos deixo a conversa que tivemos a miña avoa e máis eu na sobremesa do domingo.